20.4.18

Fragata Shtandart

Este fin de semana podedes visitar en familia a Fragata Shtandart. Permanecerá no Porto de Vigo dende hoxe ás 18:00 ata o domingo 22 de Abril. Esta embarcación é unha recreación da fragata rusa que encabezou a flota rusa na súa extensión polo mar Báltico durante o século XVIII, baixo as ordes do zar Pedro el Grande.
O Shtandart é unha embarcación con tres mástiles de 34,5 metros de eslora e 6,95 de manga. Ademais conta con seis tripulantes e 19 alumnos a bordo. O navío exerce a doble función formativa e de museo. A orixinal foi ordenada construír polo zar Pedro I de Rusia, Pedro el Grande, en 1703. O zar bautizou ó veleiro coma “el primogénito de la flota” e é unha das xoias da Mariña Rusa.
Seguro que logo vos apetece coller moitos contos de piratas na biblioteca!!!!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Grazas por comentar!!!