26.6.18

Feira do libro

Nesta fin de semana podedes adquirir algúns contiños e lecturas tamén de adultos na Feira do libro que se celebrará na Porta do Sol do 28 de xuño ao 7 de xullo. Lede moito no verán!!!! 
Picando na imaxe podedes ler máis información en "Que hacer en Vigo hoy"

24.6.18

Festimáis solidario

Para rematar o mes de xuño tedes un festival solidario no ximnasio Máis que Auga de Navia, cunha morea de actividades entre elas contacontos. Animádevos!!! Bo verán!!!!

1.6.18

ELECCIÓNS NO CEIP JOSEFA ALONSO: O ALUMNADO EXERCE O SEU DEREITO A EXPRESAR SOBRE O QUE QUEREN APRENDER.

AS NENAS E NENOS DO COLE PODEDES ELEXIR O PROXECTO DOCUMENTAL DO CENTRO CARA AO ANO QUE VEN. 

AQUÍ TENDES O PROGRAMA ELECTORAL!


ESTAS SON AS TEMÁTICAS POLAS QUE PODEDES VOTAR.

30.5.18

O monstro de cores

O CEE San Rafael tróuxonos un teatro de sombras chulísimo do Monstro de cores. Moitas grazas pola representación. Gustounos moitísimoooooo!!!!!



28.5.18

Biblioteca Juan Compañel

O alumando de 4º E.P. quere informarnos sobre a Biblioteca Nodal de Vigo Juan Compañel. Nesta biblioteca hai moitísimos recursos para nenos e maiores que podedes gozar de xeito totalmente gratuito ademáis de obradoiros e contacontos moi moi moi divertidos e fermosos. Estade moi atentos e atentas ás instrucións que nos dan e anomádevos a facer o carnet desta biblioteca, sen esquecer que na de Leonarda tamén temos moitísimos recursos interesantes!!!!

Recomendación de cociña

O alumnado de 4º E. P. queren recomendar uns libros de cociña para que poñamos en práctica as moitas receitas saborosas que alí aparecen. Podedes collelos na biblioteca do cole!!

Receitas de cociña

Aquí temos un resumo de receitas feitas polo alumnado nas súas titorías. Todas teñen un aspecto delicioso!!! Practicade na casa que de seguro vos chupades os dedos!!!