20.3.17

CONCURSO DE COPLAS PARA OS MAIOS


Xa chegou a primavera e, como todos os anos por estas datas, celebramos o concurso de coplas para a facer a nosa canción da Festa dos Maios.
Aquí tedes a música sobre a que tedes que compoñer unha copla feita por vós.






Lembra que ten que ter catro versos e rimar.
Cando a teñas, métea dentro do buzón da biblioteca antes do xoves 6 de abril.
Coas mellores coplas faremos a canción que cantaremos tod@s xunt@s na Festa dos Maios o día 5 de maio.