14.1.22

La historia de Iqbal

Os Trasniños da biblioteca tiveron a segunda reunión do club de lectura para compartir opinións sobre o libro "La historia de Iqbal".

Foi un libro que achegou ós trasniños á realidade que viven outros nenos e nenas doutros países que non gozan dos beneficios que supoñen vivir no primeiro mundo.

Este libro trata sobre a escravitude infantil. Tanto Fátima como Iqbal e outros nenos, son recluídos na fábrica de alfombras de Hussain Khan e alí traballan de sol a sol sen apenas descanso nin comida.

Con este libro aprendimos entre outras cousas a razón pola que o 16 de abril se celebra o Día Mundial contra a escravitude infantil.

Entre as opinións e achegas dos trasniños, está a de Martín que queda co significado do nome de Iqbal= afortunado en árabe. Unha frase que lle gustou moito foi "Soñar no le hace mal a nadie" "hacia arriba y hacia el cielo"

Raquel quere compartir unha frase que lle gustou moito "Cuando llegue primavera haremos volar la cometa".

"Porque todo pertenece al patrón" respondió mi padre. "¿Y eso es justo? "Él es el patrón". Y nosotros, ¿qué somos?

Agardamos que teñades moitas ganas de lelo e gozar tanto coma nós!!!!!


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Grazas por comentar!!!