26.11.20

O Bolero de Ravel

 LIBROS PARA SOÑAR PRESENTA ESTE SÁBADO “O BOLERO DE RAVEL” E CONTINÚA REALIZANDO CONTACONTOS PRESENCIAIS E VIRTUAIS

 

LIBROS PARA SOÑAR (rúa Triunfo, 1) retransmitirá este venres, a partir das 18:00 horas e a través das súas canles en Facebook e mais Instagram, unha nova sesión virtual de contacontos coa narradora Bea Campos e co músico Manuel Pombal. Dirixida a nenas e nenos a partir de seis anos e ás familias, o fío condutor das historias será o Nadal. Ademais das actividades en liña, a libraría infantil e xuvenil do Casco Vello vigués continúa realizando encontros presenciais: este sábado organiza unha presentación para público adulto -docentes, mediadores…- do libro musical “O Bolero de Ravel”, con dúas quendas ás 11:30 e ás 12:30 horas.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Grazas por comentar!!!