Esta semana tivemos a 1ª reunión do Club de lectura de Leonarda. Foi todo un éxito!!!!! O libro gustou pese a que non era dos que collerían para ler na biblio pero acabaron enganchándose e o tema era tan bonito que foi un éxito. Dende o club recomendamos que leades "Chamádeme Simbad" de seguro vos encanta!!!
Tamén tivemos unha marabillosa merenda grazas a Carmen e a súa familia que colaboraron cuns bocatas elaboradísimos. Estaban de 10!!!!!! GRAZAS A TODOS/AS por participar!!!!! Déixovos unha pequena mostra dos barquiños que escribimos, e do ben que o pasamos!!! Espero que o próximo libro sexa doce e bonito como o caramelo que leváchedes 😉
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Grazas por comentar!!!