15.11.18

Actividades de lecer

Este fin de semana tedes algunhas actividades interesantes para facer. No Teatro-Cine Salesianos podedes ver Smallfoot o sábado ás 17:00 e ás 19:00 e o domingo ás 17:00. O prezo é de 4,50€. Non esquezades tampouco que no edificio Cambón Illas Atlánticas tedes cine familiar GRATIS!!!
                                                  
Tamén podedes acudir a un taller gratuíto de ilustración para nenos/As de 3 a 6 anos. Tedes máis información picando na imaxe.

Este venres 16 de novembro celébrase o día das librarías. En "Libros para soñar" tedes un contacontos ás 18:30 e un desconto do 5% nas compras de libros que queirades facer. Animádevos!!!!!



No hay comentarios:

Publicar un comentario

Grazas por comentar!!!