2.3.18

Contacontos e cine

Aquí van un par de suxestións para o tempo de lecer neste fin de semana chuvioso!!!
Na libraría Andel, tedes o sábado 3 de marzo ás 12:00 h un conto de "Viaxando en contos" co Señor da Gravata Torta.
 No teatro Cine Salesianos a 4´50 euros este sábado e o domingo (ás 17:00 e ás 17:30 respectivamente) podedes ver a peli "La abeja Maya los juegos de la miel".
 Na libraría Libros para soñar tedes os venres uns contacontos chulísimos para maiores de 3 anos. Pasádeo moi moi ben!!!!!!
En Naturnova tedes a exposición "O mundo das árbores". Os nenos/as que fagan un debuxo/collage/foto dos nosos bosques e o entreguen en Naturnova conseguirán unha invitación dobre adulto+neno/a. Sábado de 17:30 a 20:30.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Grazas por comentar!!!