25.2.18

Iogur con fresas

Imos inaugurar a etiqueta de cociña cunha receita dun postre moi sinxelo, iogur con fresas. Lembramos que podedes enviarnos a vosa foto ou vídeo da receita que queirades compartir con nós a caminodelaimaginacion@gmail.com

IOGUR CON FRESAS

INGREDIENTES:
-1 Iogur natural.
- 2 culleradas de azucre.
- 3 ou 4 fresas ó gusto.

ELABORACIÓN:

Primeiro botamos o azucre e o iogur natural nun vaso ou taza e remexemos. A continuación lavamos ben as fresas e as cortamos en pequenos anacos dentro do vaso. Mesturamos as fresas e o iogur e xa temos un delicioso postre!!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas por comentar!!!