17.9.17

MOCHILAS VIAXEIRAS

Lectoras e lectores!!!!
Anunciámosvos que  no vindeiro mes de outubro comezará a funcionar de novo a actividade máis familiar da nosa biblioteca:  
As mochilas viaxeiras.

Os nenos e nenas de todo o cole levarán as súas casas unha mochila cargada de soños, de lugares fantásticos, de montañas de palabras, de creacións artísticas  e de novos alimentos a degustar en compañía do máis importante para eles: A SÚA FAMILIA.

Agardamos que esta actividade conxunta de Biblioteca e Normalización da Lingua Galega vos ofreza momentos para compartir e disfrutar!