4.11.16

MAGOSTO

Este venres 11 de novembro imos celebrar o MAGOSTO.
Asaremos castañas, faremos xogos tradicionais e tamén este ano, como novidade, faremos...
Unha EXPOSICIÓN DE FROITOS DE OUTONO que logo degustaremos xunto coas castañas.


O noso cole "vestirase" de outono coas orixinais manualidades feitas polo noso alumnado con froitos secos, piñas... que decorarán os nosos corredores.


E, por último, tod@s xunt@s cantaremos "A saia da Carolina", para darlle un impulso á nosa canción tradicional galega.
Aquí tedes a versión máis tradicional do grupo "Fuxan os ventos"

E unha versión máis "rockeira" de "Sigelpa"

A continuación, deixámosvos cunhas páxinas web con moitos recursos para traballar o magosto.